
Multitarefas
Pode ter abertas varias aplicacións ao
mesmo tempo. Para cambiar entre as
aplicacións activas, manteña premida a
tecla de inicio, desprácese a unha
aplicación e prema a tecla de
desprazamento. Para pechar a
aplicación seleccionada, prema a tecla
de retroceso.
Exemplo: Cando teña unha chamada de
teléfono activa e desexe comprobar a
súa axenda, prema a tecla de inicio para
acceder ao menú e abra a aplicación
Axenda. A chamada seguirá activa en
segundo plano.
Exemplo: Cando estea a escribir unha
mensaxe e desexe comprobar un sitio
web, prema a tecla de inicio para
acceder ao menú e abra a aplicación
Web. Seleccione un favorito ou
introduza o enderezo web
manualmente e seleccione
Ir a
. Para
volver á súa mensaxe, manteña
premida a tecla de inicio, desprácese á
mensaxe e prema a tecla de
desprazamento.