
Usar o teclado
1 Tecla de función.
2 Tecla maiúsculas
3 Tecla símbolos
4 Tecla de retroceso
5 Tecla Intro
6 Tecla Ctrl
Cambiar entre maiúsculas e
minúsculas.
Para cambiar entre os modos de
maiúsculas e minúsculas, prema a tecla
de maiúsculas dúas veces. Para
introducir unha soa letra maiúscula no
modo de minúsculas ou unha soa letra
minúscula no modo de maiúsculas,
prema a tecla de maiúsculas unha vez e,
Uso básico 25
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

a continuación, a tecla alfabética
desexada.
Inserir un número ou un carácter
especial impreso na parte superior
dunha tecla
Prema a tecla de función e prema a tecla
alfabética correspondente, ou manteña
premida só a tecla alfabética. Para
introducir varios caracteres especiais
seguidos, prema rapidamente a tecla de
funcións dúas veces e, a continuación,
prema as teclas alfabéticas desexadas.
Para volver ao modo normal, prema a
tecla de funcións unha vez.
Inserir un carácter especial que non
está no teclado
Prema a tecla de símbolos e seleccione
e un carácter.
Inserir unha letra que non está no
teclado
É posible inserir variacións de letras, por
exemplo, letras con acentos. Por
exemplo, para inserir a letra "á",
manteña premida a tecla de símbolos e
prema de xeito simultáneo a tecla "A"
varias veces ata que se amose o carácter
desexado. A orde e dispoñibilidade das
letras depende do idioma de escritura
seleccionado.
Inserir unha emoticona
Prema a tecla de símbolos e seleccione
unha emoticona. As emoticonas só
están dispoñibles para mensaxes de
texto e multimedia.
Consello: Para engadir un carácter
especial usado recentemente, manteña
premida a tecla ctrl, prema a tecla de
símbolos e seleccione o carácter do
menú emerxente.
Copiar e pegar texto
1 Manteña premida a tecla de
maiúsculas e desprácese para
seleccionar o texto que desexa
copiar.
2 Prema ctrl + C.
26 Uso básico
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

3 Vaia ao punto onde queira pegar o
texto e prema ctrl + V.
Cambiar o idioma de escritura ou
activar unha entrada de texto
prediccible
Seleccione
Opcións
>
Opcións de
entrada
.