Tons de chamada, imaxes e texto de
chamada para contactos
É posible definir un ton de chamada
para un grupo ou contacto e unha imaxe
ou un texto de chamada para un
contacto. Cando o contacto lle chame, o
dispositivo reproducirá o ton de
chamada seleccionado e amosará a
imaxe ou texto de chamada se o número
de teléfono da persoa que chama se
envía coa chamada e o seu dispositivo o
recoñece.
Para definir un ton de chamada para un
contacto ou grupo de contactos,
seleccione o contacto ou o grupo,
Opcións
>
Ver detalles
>
Opcións
>
Ton de chamada
e un ton de chamada.
Uso básico 29
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Para definir o texto de chamada para un
contacto, seleccione o contacto e
Opcións
>
Ver detalles
>
Opcións
>
Engadir texto chamada
. Introduza o
texto de chamada e seleccione
Aceptar
.
1 Para engadir unha imaxe para un
contacto gardado na memoria do
dispositivo, seleccione o contacto e
Opcións
>
Ver detalles
>
Opcións
>
Engadir imaxe
.
2 Seleccione unha imaxe de Fotos.
Para eliminar o ton de chamada,
seleccione
Ton predeterminado
da
lista de tons de chamada.
Para ver, cambiar ou eliminar a imaxe
dun contacto, seleccione o contacto,
Opcións
>
Ver detalles
>
Opcións
>
Imaxe
e a opción desexada.