Verbo do dispositivo
A utilización do dispositivo sen fíos
descrito nesta guía está aprobada en
redes UMTS 900, 1900 e 2100 MHz, e
redes GSM 850, 900, 1800 e 1900 MHz .
6
Seguridade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Póñase en contacto co seu fornecedor
de servizos para obter máis información
acerca das redes.
O seu dispositivo admite varios
métodos de conectividade e, ao igual
que os ordenadores, é posible que estea
exposto a virus e demais contido
daniño. Teña precaución coas
mensaxes, solicitudes de conexión,
buscas e descargas. Unicamente instale
e utilice servizos e software obtidos de
fontes fiables que ofrezan seguridade e
protección axeitada, como aplicacións
que pasasen o proceso de certificación
Symbian Signed ou Java Verified™.
Considere a posibilidade de instalar
programas antivirus e demais software
de seguridade no dispositivo e nos
ordenadores conectados.
É posible que o seu dispositivo dispoña
de favoritos ou ligazóns preinstalados
para sitios da Internet de terceiros e que
permitan o acceso a sitios de terceiros.
Estes sitios non teñen ningún tipo de
relación con Nokia, polo que Nokia non
asumirá ningunha responsabilidade
correspondente a eles. Se accede aos
sitios mencionados, tome as
precaucións necesarias relacionadas
coa seguridade ou cos contidos.
Aviso:
Para utilizar as funcións deste
dispositivo, a excepción do espertador,
é necesario que se atope acendido. Non
acenda o dispositivo en lugares nos que
poida provocar interferencias ou poida
supoñer un perigo.
Cando utilice este dispositivo, respecte
a lexislación e os costumes locais, a
intimidade e os dereitos lexítimos das
demais persoas, incluídos os dereitos de
autor. É posible que as leis de protección
dos dereitos de autor non autoricen a
copia, modificación ou transferencia
dalgunhas imaxes, música e demais
contido.
Efectúe copias de seguridade ou
manteña rexistros escritos da
información importante almacenada no
dispositivo.
Antes de efectuar a conexión a calquera
outro dispositivo, lea a guía de usuario
para obter instrucións detalladas de
seguridade. Non conecte produtos non
compatibles.
Seguridade
7
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
As imaxes amosadas nesta guía poden
ser diferentes das que aparecen na
pantalla do seu dispositivo.
Consulte a guía de usuario para obter
outra información importante acerca do
dispositivo.