Nokia E5 00 - Verbo da xestión dos dereitos dixitais

background image

Verbo da xestión dos dereitos

dixitais

Cando utilice este dispositivo, respecte

a lexislación e os costumes locais, a

intimidade e os dereitos lexítimos das

demais persoas, incluídos os dereitos de

autor. É posible que as leis de protección

dos dereitos de autor non autoricen a

copia, modificación ou transferencia de

imaxes, música e demais contido.
É posible que os propietarios de

contidos utilicen diferentes tipos de

tecnoloxías de xestión de dereitos

dixitais (DRM) para protexer a súa

propiedade intelectual, incluídos os

dereitos de autor. Este dispositivo

utiliza varios tipos de software DRM

para acceder a contido protexido

mediante DRM. Con este dispositivo é

posible acceder a contido protexido con

WMDRM 10 e OMA DRM 2.0. Se un

8

Seguridade

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

determinado software DRM non protexe

o contido, é posible que os propietarios

do contido soliciten que se anule a

capacidade do mencionado software de

acceder a novos contidos protexidos

mediante DRM. Esta anulación pode

tamén impedir a renovación do contido

protexido que xa se atope no

dispositivo, mediante DRM. Esta

anulación non afectará ao uso de

contido protexido con outros tipos de

DRM ou ao uso de contido non protexido

mediante DRM.
Os contidos protexidos mediante

xestión dos dereitos dixitais (DRM)

subminístranse cunha licenza asociada

que define os seus dereitos para utilizar

o contido.
Se o seu dispositivo dispón de contido

protexido mediante OMA DRM, para

facer unha copia de seguridade da

licenza e do contido, utilice a función de

copia de seguridade de Nokia Ovi Suite.
É posible que outros métodos de

transferencia non transfiran as licenzas

que é necesario recuperar co contido

para que poida continuar utilizando o

contido protexido mediante OMA DRM

despois de formatar a memoria do

dispositivo. Tamén é posible que

necesite recuperar a licenza en caso de

que se danen os ficheiros do dispositivo.
Se o dispositivo dispón de contido

protexido mediante WMDRM, a licenza e

o contido perderanse se formata a

memoria do dispositivo. Tamén é

posible que perda a licenza e o contido

se se danan os ficheiros do dispositivo.

A perda da licenza ou do contido pode

limitar a súa capacidade para utilizar o

mesmo contido no seu dispositivo de

novo. Para obter máis información,

póñase en contacto co seu fornecedor

de servizos.
É posible que algunhas licenzas estean

ligadas a tarxetas SIM específicas, e que

só poida acceder ao contido protexido

se a tarxeta SIM se atopa inserida no

dispositivo.
Durante o funcionamento continuado

como unha videochamada activa e a

conexión de datos de alta velocidade, é

posible que o dispositivo aumente de

temperatura. Na maioría de casos,

trátase de algo normal. Se sospeita que

o dispositivo non funciona

correctamente, envíeo ó centro de

Seguridade

9

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

servizo técnico autorizado máis

próximo.