Servizos de rede
Para utilizar o dispositivo, cómpre
dispoñer dos servizos dun fornecedor
de servizos sen fíos. Algunhas funcións
non se atopan dispoñibles en todas as
redes; é posible que para poder utilizar
outras funcións sexa necesario
establecer acordos específicos co seu
fornecedor de servizos. Os servizos de
rede implican a transmisión de datos.
Comprobe co seu fornecedor de servizos
os detalles verbo de tarifas na súa rede
propia ou durante a itinerancia noutras
redes. Este pode explicarlle os importes
que lle serán cargados polo servizo. É
posible que algunhas redes teñan
limitacións que afecten ao modo en que
se poden utilizar algunhas funcións
deste dispositivo que requiran soporte
da rede, como soporte para tecnoloxías
específicas como os protocolos WAP 2.0
(HTTP e SSL) que se executan en
protocolos TCP/IP e caracteres
dependentes dos idiomas.
É posible que o seu fornecedor de
servizos ordenase a desactivación ou
non activación de determinadas
funcións no dispositivo. En tal caso, as
mencionadas funcións non aparecerán
no menú do dispositivo. Tamén é
posible que o dispositivo dispoña de
elementos personalizados como os
nomes ou a orde dos menús e as iconas.