Axustes de confianza en certificados
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Xeral
>
Seguridade
>
Xestión de certificados
.
Confiar nun certificado significa que o
autoriza a verificar páxinas web,
servidores de correo, paquetes de
software e outros datos. Só se deben
empregar certificados de confianza
para verificar servizos e software.
Importante: Aínda que o uso de
certificados reduce considerablemente
os riscos relacionados coas conexións
remotas e as instalacións de software,
cómpre utilizalos correctamente para
beneficiarse do aumento da
seguridade. A existencia dun certificado
non ofrece protección por si mesmo. O
administrador do certificado debe
dispoñer de certificados correctos,
auténticos ou fiables para poder
aumentar a seguridade. Os certificados
teñen data de caducidade. Se se amosa
"Certificado caducado" ou "O certificado
non é válido", incluso no caso de que o
certificado debera ser válido, comprobe
que a hora e a data do dispositivo son
correctas.
Antes de modificar os axustes dos
certificados, cómpre asegurarse de que
o propietario do certificado é realmente
fiable e que pertence realmente ao
propietario facilitado.
Para cambiar os axustes de confianza,
seleccione un certificado e
Opcións
>
Axustes fiabilidade
. Desprácese ata un
campo de aplicación e prema a tecla de
desprazamento para seleccionar
Si
ou
Non
. Non se poden cambiar os axustes
de confianza dun certificado persoal.
Dependendo do certificado, amosarase
unha lista das aplicacións que poden
usar o certificado:
Instalación Symbian — Nova
aplicación do sistema operativo
Symbian.
Internet — Correo electrónico e
gráficos.
Instalación aplics. — Nova aplicación
Java.
Compr. certif. en liña — Protocolo de
estado de certificado en liña.
Seguridade e xestión de datos 151
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.