Nokia E5 00 - Instalación de aplicacións e software 

background image

Instalación de aplicacións e software

Os ficheiros de instalación pódense

transferir ao dispositivo dende un

ordenador compatible, descargar

durante a navegación ou recibilos

nunha mensaxe multimedia, como

ficheiro adxunto de correo electrónico,

ou mediante outros métodos de

conexión, como unha conexión

Bluetooth. Pode utilizar Nokia

Application Installer de Nokia Ovi Suite

para instalar unha aplicación no

dispositivo.
Seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Xest. datos

>

Xestor aplic.

.

154 Seguridade e xestión de datos

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

Os ficheiros de instalación están na

carpeta Ficheiros de inst. e as

aplicacións instaladas na carpeta Aplic.

instal..
As iconas indican o seguinte:

aplicación .sis ou .sisx

Aplicación Java

Aplicación non instalada

completamente

Aplicación instalada na tarxeta

de memoria

Importante: Só instale e utilice

aplicacións e outro software

procedente de fontes de confianza,

como aplicacións Symbian Signed ou

que teñan pasado a proba Java

Verified™.
Antes da instalación, teña en conta o

seguinte:

Para ver o tipo de aplicación, o

número da versión e o seu

fornecedor ou creador, seleccione

Opcións

>

Ver detalles

.

Para ver os detalles do certificado

de seguridade da aplicación,

seleccione

Detalles:

>

Certificados:

>

Ver detalles

.

Se instala un ficheiro que contén

unha actualización ou parche para

unha aplicación existente, só pode

restaurar a aplicación orixinal se

posúe o ficheiro de instalación

orixinal ou unha copia de

seguridade completa do paquete de

software eliminado. Para restaurar

a aplicación orixinal, elimine a

aplicación e instálea de novo dende

o ficheiro de instalación orixinal ou

dende a copia de seguridade.
Para instalar aplicacións Java é

preciso o ficheiro JAR. Se non se

atopa, é posible que o teléfono lle

solicite a súa descarga. Se non

existe ningún punto de acceso

definido para a aplicación,

solicitaráselle seleccionar un.

Durante a descarga do ficheiro JAR,

é posible que necesite inserir un

nome de usuario e un contrasinal

para acceder ao servidor. Pode

obtelos do fornecedor ou creador

da aplicación.

Para instalar a aplicación ou software,

leve a cabo os pasos que se indican a

continuación:

Seguridade e xestión de datos 155

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

1 Para localizar un ficheiro de

instalación, seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Xest. datos

>

Xestor aplic.

e

Ficheiros de inst.

.

Tamén pode buscar os ficheiros de

instalación mediante o Xestor de

ficheiros ou seleccionar

Mensaxería

>

Caixa entrada

e

abrir unha mensaxe que conteña un

ficheiro de instalación.

2 No Xestor de aplicacións, seleccione

a aplicación que desexa instalar.

Durante a instalación, o teléfono

amosa información acerca do seu

progreso. Se instala unha aplicación

sen certificado ou sinatura dixital, o

teléfono amosará unha

advertencia. Continúe a instalación

só se está seguro da orixe e contido

da aplicación.

Para executar unha aplicación

instalada, seleccione a aplicación. Se a

aplicación non posúe un cartafol

predeterminado definido, instalarase

no cartafol Instalacións do menú

principal.

Para ver os paquetes de software

instalados ou eliminados e a súa data,

seleccione

Opcións

>

Ver rexistro

.

Importante: Ó dispositivo só

admite unha aplicación antivirus.

Dispoñer de máis dunha aplicación con

función antivirus pode afectar ao

rendemento e funcionamento ou

provocar que o dispositivo deixe de

funcionar.
Despois de instalar as aplicacións nunha

tarxeta de memoria compatible, os

ficheiros de instalación (.sis, .sisx)

permanecen na memoria do

dispositivo. É posible que os ficheiros

utilicen grandes cantidades de memoria

e lle impidan almacenar outros

ficheiros. Para manter suficiente

memoria, utilice Nokia Ovi Suite para

facer unha copia de seguridade dos

ficheiros de instalación nun ordenador

compatible e, a continuación, utilice o

xestor de ficheiros para eliminar os

ficheiros de instalación da memoria do

dispositivo. Se o ficheiro .sis é un

ficheiro achegado dunha mensaxe,

elimine a mensaxe da bandexa de

entrada.

156 Seguridade e xestión de datos

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.