Usar unha conexión VPN nunha
aplicación
Quizais teña que probar a súa
identidade cando inicie sesión na rede
da empresa. Póñase en contacto co
departamento de TI da súa empresa
para as credenciais.
Para usar unha conexión VPN nunha
aplicación, a aplicación debe estar
asociada cun punto de acceso VPN.
Consello: Pode configurar os axustes de
conexión da aplicación en
Preguntar
sempre
, neste caso, seleccione o punto
de acceso VPN nunha lista de conexións
ao establecer unha conexión.
1 Na aplicación na que desexe crear
unha conexión VPN, seleccione un
punto de acceso VPN como punto de
acceso.
2 Se está a usar á autenticación
herdada, introduza o seu nome de
usuario de VPN e o seu contrasinal.
Se a chave electrónica de SecurID
quedou fóra da sincronización co
reloxo de ACE/Server, introduza o
seguinte contrasinal. Se está a usar
unha autenticación baseada en
certificado, pode que teña que
introducir o contrasinal de
almacenaxe de claves.