Nokia E5 00 - Licenzas de utilización

background image

Licenzas de utilización

Os contidos protexidos mediante

xestión dos dereitos dixitais (DRM)

subminístranse cunha licenza asociada

que define os seus dereitos para utilizar

o contido.
Se o seu dispositivo dispón de contido

protexido mediante OMA DRM, para

facer unha copia de seguridade da

licenza e do contido, utilice a función de

copia de seguridade de Nokia Ovi Suite.
É posible que outros métodos de

transferencia non transfiran a licenza

que é necesario recuperar co contido

para que poida continuar utilizando o

contido protexido mediante OMA DRM

despois de formatar a memoria do

dispositivo. Tamén é posible que

necesite recuperar a licenza en caso de

que se danen os ficheiros do dispositivo.
Se o dispositivo dispón de contido

protexido mediante WMDRM, a licenza e

o contido perderanse se formata a

memoria do dispositivo. Tamén é

posible que perda a licenza e o contido

se se danan os ficheiros do dispositivo.

A perda da licenza ou do contido pode

limitar a súa capacidade para utilizar o

mesmo contido no seu dispositivo de

158 Seguridade e xestión de datos

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

novo. Para obter máis información,

póñase en contacto co seu fornecedor

de servizos.
É posible que algunhas licenzas estean

ligadas a tarxetas SIM específicas, e que

só poida acceder ao contido protexido

se a tarxeta SIM se atopa inserida no

dispositivo.

Para ver as súas licenzas por tipo,

seleccione

Licenzas válidas

,

Licen.

non válid.

ou

Non en uso

.

Para ver os detalles da licenza,

seleccione

Opcións

>

Detalles da

licenza

.

Para cada ficheiro multimedia amósase

a seguinte información:

Estado — O estado é

Licenza válida

,

Licenza caducada

, ou

Licenza non

válida aínda

.

Envío de contido

Permitido

indica

que pode enviar o ficheiro a outro

dispositivo.

Contido do teléfono

Si

indica que o

ficheiro está no dispositivo e a ruta do

ficheiro aparece en pantalla.

Non

indica

que o ficheiro non se atopa actualmente

no dispositivo.

Para activar unha licenza, na vista

principal de licenzas seleccione

Licen.

non válid.

>

Opcións

>

Obter nova

licenza

. Estableza unha conexión de

rede cando llo soliciten; será dirixido a

un sitio web onde pode mercar dereitos

sobre contido multimedia.

Para eliminar dereitos de ficheiros,

diríxase ao ficheiro desexado e

seleccione

Opcións

>

Borrar

. Se hai

varios dereitos ligados ao mesmo

ficheiro multimedia, todos serán

eliminados.

A vista da licenza de grupo amosa todos

os ficheiros ligados a un dereito de

grupo. Se descargou varios ficheiros cos

mesmos dereitos, aparecerán todos

nesta vista. Pode abrir a vista de grupo

dende a ficha de licenzas válidas ou a de

licenzas inválidas. Para acceder a estes

ficheiros, abra o cartafol de dereitos de

grupo.