Licenzas
Xestión dos dereitos dixitais
É posible que os propietarios de
contidos utilicen diferentes tipos de
tecnoloxías de xestión de dereitos
dixitais (DRM) para protexer a súa
propiedade intelectual, incluídos os
dereitos de autor. Este dispositivo
utiliza varios tipos de software DRM
para acceder a contido protexido
mediante DRM. Con este dispositivo é
Seguridade e xestión de datos 157
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
posible acceder a contido protexido con
WMDRM 10 e OMA DRM 2.0. Se un
determinado software DRM non protexe
o contido, é posible que os propietarios
do contido soliciten que se anule a
capacidade do mencionado software de
acceder a novos contidos protexidos
mediante DRM. Esta anulación pode
tamén impedir a renovación do contido
protexido que xa se atope no
dispositivo, mediante DRM. Esta
anulación non afectará ao uso de
contido protexido con outros tipos de
DRM ou ao uso de contido non protexido
mediante DRM.