Configuración remota
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Xest. datos
>
Xestor disp.
.
O xestor de dispositivos permítelle
xestionar de xeito remoto os axustes,
datos e software do seu dispositivo.
Pode conectarse a un servidor e recibir
os axustes de configuración para o seu
dispositivo. É posible que reciba perfís
de servidor e distintos axustes de
configuración dos seus fornecedores de
servizo ou do departamento de xestión
de información da empresa. Os axustes
de configuración poden incluír axustes
de conexión e doutro tipo empregados
por distintas aplicacións do seu
dispositivo. As opcións dispoñibles
poden variar.
Normalmente, o servidor comeza a
conexión de configuración remota
cando os axustes do dispositivo
precisan ser actualizados.
Para crear un novo perfil de servidor,
seleccione
Opcións
>
Perfís
servidor
>
Opcións
>
Novo perfil de
servidor
.
152 Seguridade e xestión de datos
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
É posible que reciba estes axustes
nunha mensaxe de configuración
enviada polo seu fornecedor de
servizos. En caso contrario, defina o
seguinte:
Nome do servidor — Introduza un
nome para o servidor de configuración.
ID de servidor — Introduza o ID único
para identificar o servidor de
configuración.
Contrasinal de servidor — Introduza
un contrasinal para identificar o seu
dispositivo no servidor.
Punto de acceso — Seleccione o punto
de acceso utilizado para a conexión ou
cree un punto de acceso novo. Se o
desexa, pode facer que se lle pregunte
polo punto de acceso cada vez que inicie
unha conexión. Este axuste só está
dispoñible se ten seleccionado
Internet
como tipo de portador.
Enderezo de host — Introduza o
enderezo web do servidor de
configuración.
Porto — Introduza o número de porto
do servidor.
Nome de usuario e
Contrasinal — Introduza o seu ID de
usuario e contrasinal para o servidor de
configuración.
Permitir configuración — Seleccione
Si
para permitir que o servidor inicie a
sesión de configuración.
Aceptar autom. todas — Seleccione
Si
se non desexa que o servidor lle solicite
confirmación cando inicie unha sesión
de configuración.
Autentificación de rede — Seleccione
se quere usar autenticación http.
Nome de usuario de rede e
Contrasinal de rede — Introduza o seu
ID de usuario e contrasinal para a
autenticación http. Este axuste só está
dispoñible se seleccionou utilizar
Autentificación de rede
.
Para conectarse ao servidor e recibir
axustes de configuración para o seu
dispositivo, seleccione
Opcións
>
Iniciar configuración
.
Para ver o rexistro de configuración do
perfil escollido, seleccione
Opcións
>
Ver rexistro
.
Para actualizar directamente por
teléfono o software do dispositivo,
seleccione
Opcións
>
Verificar
actualizacións
. A actualización non
elimina os seus axustes. Cando reciba o
paquete de actualización no seu
Seguridade e xestión de datos 153
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
dispositivo, siga as instrucións da
pantalla. O dispositivo reiniciarase
cando remate a actualización.
A descarga de actualizacións de
software pode implicar a transmisión
de grandes cantidades de datos (servizo
de rede).
Asegúrese de que a batería do
dispositivo dispoña de carga suficiente
ou conecte o cargador antes de iniciar a
actualización.
Aviso:
Se instala unha actualización de
software, non poderá utilizar o
dispositivo, nin sequera para efectuar
chamadas de emerxencia, ata
completar a instalación e reiniciar o
dispositivo.