Realizar unha videochamada
Ao realizar unha videochamada (servizo
de rede), pode verse un vídeo a tempo
real a dúas bandas entre vostede e o
destinatario da chamada. A imaxe do
vídeo en directo ou a imaxe do vídeo
capturada pola cámara do teléfono
amósase ao destinatario da
videochamada.
Para ser quen de facer unha
videochamada, cómpre dispoñer dunha
tarxeta USIM e atoparse nunha zona de
cobertura dunha rede 3G. Para obter
información acerca da dispoñibilidade e
da subscrición ós servizos de
videochamada, póñase en contacto co
seu fornecedor de servizos de rede.
As videochamadas só se poden facer
entre dúas partes. As videochamadas
poden realizarse a un dispositivo móbil
compatible ou a un cliente RDSI. As
videochamadas non se poden facer
mentres está activa outra chamada de
voz, vídeo ou datos.
indica que rexeitou o envío de vídeo
desde o seu dispositivo. Para enviar
unha imaxe no seu lugar, seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Teléfono
>
Chamadas
>
Imaxe en
videochamada
.
Mesmo se rexeitou o envío do vídeo
durante unha videochamada, a
chamada cobrarase como unha
videochamada. Consulte as tarifas do
fornecedor de servizos.
42 Realización de chamadas
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
1 Para iniciar unha videochamada,
introduza o número de teléfono no
modo en espera ou seleccione
Contactos
e un contacto.
2 Seleccione
Opcións
>
Chamar
>
Videochamada
.
Iniciar unha videochamada pode
tardar uns intres. Amósase
Agardando imaxe de vídeo
. Se a
chamada non se pode realizar (por
exemplo, a rede non admite as
videochamadas ou o dispositivo de
recepción non é compatible),
preguntaráselle se desexa intentar
realizar unha chamada normal ou
enviar unha mensaxe de texto ou
multimedia.
A videochamada estará activa
cando se vexan dúas imaxes de
vídeo e se escoite o son a través do
altofalante. O destinatario da
chamada pode rexeitar o envío dun
vídeo ( ), entón só se escoita o son
e quizais se vexa unha foto fixa ou
un gráfico de fondo gris.
3 Para finalizar unha videochamada,
prema a tecla fin.