Requisitos de compartir vídeo
A opción de compartir vídeo require a
utilización dunha conexión 3G. Para
obter máis información sobre o servizo,
a dispoñibilidade da rede 3G e as tarifas
asociadas co uso deste servizo, póñase
en contacto co fornecedor do servizo.
Para utilizar a función de compartir
vídeo cómpre facer o seguinte:
•
Asegúrese de que o dispositivo
estea configurado para establecer
conexións persoa con persoa.
•
Asegúrese de dispoñer dunha
conexión 3G activa e de que se
atopa dentro da zona de cobertura
de rede 3G. Se se despraza fóra da
zona de cobertura da rede 3G
durante unha sesión de compartir
vídeo, o uso compartido finalizará
mentres continúa a súa chamada de
voz.
•
Asegúrese de que tanto o remitente
como o destinatario se atopan
rexistrados na rede 3G. Se convida a
alguén a unha sesión para
compartir contidos e o dispositivo
do destinatario non se atopa dentro
da zona de cobertura de rede 3G,
non dispón da función para
compartir vídeo instalada ou non
configurou as conexións persoa con
persoa, o destinatario non recibirá
as invitacións. Nese caso, recibirá
unha mensaxe de erro que lle
indicará que o destinatario non
pode aceptar a invitación.