Axustes de compartir vídeo
Para configurar a función de compartir
vídeo, necesita establecer os axustes da
conexión de persoa a persoa e de 3G.
As conexións de persoa con persoa
coñécense tamén co nome de conexión
de Protocolo de Inicio da Sesión (SIP).
Cómpre configurar os axustes do perfil
SIP no dispositivo para poder utilizar a
función de compartir vídeo. Solicite ao
seu fornecedor de servizos os axustes
do perfil SIP e gárdeos no seu
dispositivo. O seu fornecedor de
servizos pode enviarlle os axustes ou
proporcionarlle unha lista dos
parámetros necesarios.
Adición dun enderezo SIP a un
contacto
1 Seleccione
Menú
>
Contactos
.
2 Seleccione un contacto ou cree un
contacto novo.
Realización de chamadas 45
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
3 Seleccione
Opcións
>
Editar
.
4 Seleccione
Opcións
>
Engadir
detalle
>
Compartir vídeo
.
5 Insira o enderezo SIP co formato
nomedeusuario@nomededominio
(pode utilizar un enderezo IP en
lugar dun nome de dominio).
Se non coñece o enderezo SIP do
contacto, pode utilizar o número de
teléfono do destinatario, incluído o
prefixo de país, para compartir
vídeo (se o fornecedor de servizos
de rede o admite).
Configuración da conexión 3G
Póñase en contacto co seu fornecedor
de servizos para establecer un acordo
para que poida usar a rede 3G.
Asegúrese de que os axustes de
conexión do punto de acceso 3G do
dispositivo están configurados
correctamente. Para obter máis
información sobre os axustes póñase en
contacto co seu fornecedor de servizos.