
Aceptar unha invitación
Cando alguén lle envía unha invitación
para compartir vídeo, a mensaxe de
invitación amosa o nome do remitente
ou o enderezo SIP. Se o dispositivo non
está axustado no modo de silencio,
soará cando reciba unha invitación.
Se alguén lle envía unha invitación para
compartir e non se atopa dentro da zona
de cobertura de rede UMTS, non saberá
que recibiu unha invitación.
Realización de chamadas 47
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Cando reciba unha invitación,
seleccione unha das opcións seguintes:
Si — Aceptar a invitación e activar a
sesión para compartir.
Non — Rexeitar a invitación. O
remitente recibe unha mensaxe de que
rexeitou a invitación. Tamén pode
premer a tecla fin para rexeitar a
invitación e finalizar a chamada de voz.
Para poñer en silencio o vídeo no
dispositivo, seleccione
Opcións
>
Silenciar
.
Para reproducir o vídeo co volume
orixinal, seleccione
Opcións
>
Volume
orixinal
. Isto non afecta á reprodución
de vídeo da outra parte da chamada.
Para finalizar a sesión da función de
compartir, seleccione
Deter
. Para
finalizar a chamada de voz, prema a
tecla fin. Cando remate unha chamada,
tamén rematará a función de compartir
vídeo.