Marcadores
Mediante os Marcadores, pode gardar
no dispositivo a información de
posición de localizacións específicas.
Pode clasificar en diferentes categorías
as localizacións gardadas, como, por
exemplo, negocios, e engadirlles máis
información, como, por exemplo,
enderezos. Pode usar os marcadores
gardados en aplicacións compatibles,
como datos do GPS.
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Situación
>
Marcadores
.
As coordenadas do GPS exprésanse
utilizando o sistema de coordenadas
WGS-84 internacional.
Seleccione
Opcións
e escolla entre as
seguintes:
Novo marcador — Cree un novo
marcador. Para efectuar unha solicitude
de posicionamento para a súa
localización actual, seleccione
Posición
actual
. Para seleccionar a localización
no mapa, seleccione
Seleccionar no
mapa
. Para inserir manualmente a
información de posición, seleccione
Intro. manualmente
.
100 Posicionamento (GPS)
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Editar — Edite ou engada información
a un marcador gardado (por exemplo,
un enderezo dunha rúa).
Engadir á categoría — Engada un
marcador a unha categoría nos
Marcadores. Seleccione cada categoría á
que desexe engadir o marcador.
Enviar — Envíe un ou varios
marcadores a un dispositivo
compatible. Os marcadores recibidos
gárdanse no cartafol Caixa de entrada
en Mensaxería.
Pode ordenar os marcadores en
categorías prefixadas e crear categorías
novas. Para editar e crear novas
categorías de marcadores, abra a ficha
de categorías e seleccione
Opcións
>
Editar categorías
.