Axustes de posicionamento
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Xeral
>
Posicionamento
.
Métodos de posicionamento
Seleccione unha das opcións seguintes:
GPS integrado — Permite utilizar o
receptor GPS integrado do dispositivo.
GPS asistido — Permite utilizar o GPS
asistido (A-GPS) para recibir datos de
axuda desde un servidor de datos de
axuda.
Bluetooth do GPS — Permite utilizar
un receptor GPS externo compatible coa
conectividade Bluetooth.
Baseado en rede — Permite utilizar
información da rede móbil (servizo de
rede).
Servidor de posicionamento
Para definir un punto de acceso e un
servidor de posicionamento para os
métodos de posicionamento asistidos
pola rede, como o posicionamento
baseado na rede ou o GPS asistido,
seleccione
Servidor posicionamento
.
É posible que o servidor de
posicionamento estea preestablecido
polo seu fornecedor de servizos e que
non poida editar os axustes.
Axustes de notación
Para seleccionar que sistema de
medición desexa utilizar para as
velocidades e as distancias, seleccione
Sistema de medidas
>
Métrico
ou
Imperial
.
102 Posicionamento (GPS)
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Para definir en qué formato desexa que
se visualice a información das
coordenadas no seu dispositivo,
seleccione
Formato coordenadas
e o
formato que desexe.