Acerca do GPS
O sistema de posicionamento global
(GPS) está operado polo goberno dos
Estados Unidos, que é o único
responsable da precisión e mantemento
do sistema. A precisión dos datos de
localización pode verse afectada polos
axustes nos satélites GPS efectuados
polo goberno dos Estados Unidos e está
suxeita a modificacións procedentes da
política de GPS civil do Ministerio de
defensa dos Estados Unidos e do Plan de
radionavegación federal (Federal
Radionavigation Plan). A precisión
tamén pode verse afectada pola
xeometría de baixo nivel do satélite. A
dispoñibilidade e calidade dos sinais
GPS poden verse afectadas pola súa
localización, os edificios e os obstáculos
naturais ademais de polas condicións
meteorolóxicas. É posible que os sinais
GPS non estean dispoñibles no interior
dos edificios ou en pasos subterráneos
e que a súa transmisión non sexa
posible a través de materiais como
formigón e metal.
O sistema GPS non se debe utilizar para
a medición dunha localización precisa e
vostede non debe depender só dos
datos de localización procedentes do
receptor GPS nin das redes de radio
móbil para determinar posicións nin
para a navegación.
A precisión do hodómetro é limitada,
polo que é posible que se produzan
erros de redondeo. A precisión tamén se
pode ver afectada pola dispoñibilidade
e calidade dos sinais GPS.
As coordenadas do GPS exprésanse
utilizando o sistema de coordenadas
Posicionamento (GPS) 97
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
internacional WGS-84. A
dispoñibilidade das coordenadas pode
variar segundo a rexión.