Impresión de imaxes
Para imprimir imaxes coa función
Impresión imaxes, seleccione a imaxe
que desexe imprimir e a opción de
impresión en Fotos, na cámara, no
editor de imaxes ou no visor de imaxes.
Utilice a función Impresión imaxes para
imprimir as imaxes mediante un cable
de datos USB compatible ou a
conectividade Bluetooth. Tamén pode
imprimir imaxes por medio da LAN sen
fíos. Se se insire unha tarxeta de
memoria compatible, pode gardar nela
as imaxes e imprimilas por medio
dunha impresora compatible.
Só se poden imprimir imaxes co
formato .jpeg. As imaxes capturadas coa
cámara gárdanse automaticamente co
formato .jpeg.