
Vexa presentacións
Para ver unha presentación, abra a
mensaxe multimedia do cartafol Caixa
de entrada. Desprácese ata a
presentación e prema a tecla de
desprazamento.
Para facer unha pausa na presentación,
prema calquera tecla de selección.
62 Mensaxería
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Para continuar a reprodución da
presentación, seleccione
Opcións
>
Continuar
.
Se o texto ou as imaxes son demasiado
grandes para axustalas á pantalla,
seleccione
Opcións
>
Activar
desprazamento
e desprácese para ver
toda a presentación.
Para buscar números de teléfono ou
enderezos web ou de correo electrónico
na presentación, seleccione
Opcións
>
Buscar
. Pode usar estes números e
enderezos para facer chamadas, enviar
mensaxes ou crear favoritos, por
exemplo.