Recibir e responder a mensaxes
multimedia
Importante: Teña precaución ao
abrir as mensaxes, xa que é posible que
conteñan software nocivo ou daniño
para o dispositivo ou o ordenador.
Consello: Se recibe mensaxes
multimedia que conteñen obxectos non
admitidos polo dispositivo, non poderá
abrilos. Probe a envialos a outro
dispositivo, como un ordenador, e
ábraos alí.
1 Para responder a unha mensaxe
multimedia, ábraa e seleccione
Opcións
>
Responder
.
2 Seleccione
Ao remitente
para
responderlle ao remitente,
A todos
para responderlles a todas as
persoas incluídas na mensaxe
recibida,
Por mensaxe de audio
para responder cunha mensaxe de
audio ou
Por correo
para
responder cunha mensaxe de
correo electrónico. A mensaxe de
correo electrónico só está
dispoñible se hai unha caixa do
correo configurada e se a mensaxe
se envía desde un enderezo de
correo electrónico.
3 Introduza o texto da mensaxe e
seleccione
Opcións
>
Enviar
.