Escribir e enviar mensaxes
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
.
Importante: Teña precaución ao
abrir as mensaxes, xa que é posible que
conteñan software nocivo ou daniño
para o dispositivo ou o ordenador.
Antes de crear unha mensaxe
multimedia ou de escribir un correo
electrónico debe ter os axustes de
conexión correctos.
58 Mensaxería
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
É posible que a rede sen fíos limite o
tamaño das mensaxes MMS. Se a imaxe
inserida excede este límite, o
dispositivo pode reducila para que se
poida enviar por MMS.
Consulte o límite de tamaño das
mensaxes de correo electrónico co seu
fornecedor de servizos. Se tenta enviar
unha mensaxe de correo electrónico
que supere o límite de tamaño do
servidor de correo electrónico, a
mensaxe quedará no cartafol Caixa de
saída e o dispositivo intentará enviala
periodicamente. Para enviar un correo
electrónico cómpre dispoñer dunha
conexión de datos e os intentos
repetidos de reenviar correos
electrónicos poden aumentar os seus
custos de transferencia de datos. No
cartafol Caixa de saída, pode borrar dita
mensaxe ou movela ao cartafol
Borradores.
1 Seleccione
Nova mensaxe
.
2 Para enviar unha mensaxe de texto
ou multimedia (MMS), seleccione
Mensaxe
. Para enviar unha
mensaxe multimedia que inclúa un
clip de son, seleccione
Mensaxe
audio
. Para enviar un correo
electrónico, seleccione
Correo
.
3 No campo Para, prema a tecla de
desprazamento para seleccionar
destinatarios ou grupos da lista de
contactos, ou insira o número de
teléfono ou o enderezo de correo
electrónico do destinatario. Tamén
se pode copiar e pegar o número ou
enderezo dende o portapapeis.
4 No campo de asunto, insira o asunto
da mensaxe multimedia ou de
correo electrónico. Para agochar ou
amosar campos ao escribir unha
mensaxe de texto ou multimedia,
seleccione
Opcións
>
Campos de
enderezo
.
5 No campo da mensaxe, escriba a
mensaxe. Para engadir un modelo
ou nota a unha mensaxe de texto ou
multimedia, seleccione
Opcións
>
Inserir contidos
>
Inserir texto
>
Modelo
ou
Nota
. Para engadir un
modelo a unha mensaxe de correo
electrónico, seleccione
Opcións
>
Inserir modelo
.
6 Para engadir un ficheiro
multimedia a unha mensaxe
multimedia, seleccione
Opcións
>
Inserir contidos
, o tipo de ficheiro
ou a orixe e o ficheiro desexado.
Para engadir unha tarxeta de visita,
páxina, nota ou outro ficheiro á
Mensaxería 59
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
mensaxe, seleccione
Opcións
>
Inserir contidos
>
Inserir outros
.
7 Para facer unha foto ou gravar un
vídeo ou un clip de son para unha
mensaxe multimedia, seleccione
Opcións
>
Inserir contidos
>
Inserir imaxe
>
Nova
,
Inserir
videoclip
>
Novo
ou
Inserir clip
de son
>
Novo
.
8 Para inserir unha emoticona nunha
mensaxe de texto ou multimedia,
prema a tecla Sym e seleccione a
emoticona.
9 Para engadir un anexo a un correo
electrónico, seleccione
Opcións
>
Engadir anexo
, a memoria e o
ficheiro para anexar. indica un
anexo de correo electrónico.
10 Para enviar a mensaxe, seleccione
Opcións
>
Enviar
ou prema a tecla
Chamar.
As opcións dispoñibles poden variar.
Nota: O texto ou a icona de
mensaxe enviada que aparece na
pantalla do dispositivo non indican se se
recibiu a mensaxe no destino desexado.
O dispositivo admite mensaxes de texto
de lonxitude superior ao límite para as
mensaxes simples. As mensaxes que
superan ese límite envíanse coma dúas
ou máis mensaxes. O seu fornecedor de
servizos aplicará unha tarifa
correspondente ao número de
mensaxes enviadas. Os caracteres con
acentos e outros signos de puntuación,
ou algúns idiomas ocupan máis espazo
e limitan o número de caracteres que é
posible enviar nunha mensaxe.
É posible que non poida enviar
videoclips gardados no formato de
ficheiro MP4 nin se exceden o límite de
tamaño da rede sen fíos nunha mensaxe
multimedia.