Mensaxes de texto e multimedia
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
.
Só os dispositivos que dispoñen de
funcións compatibles poden recibir e
visualizar mensaxes multimedia. É
posible que a aparencia das mensaxes
varíe en función do dispositivo de
recepción.
Unha mensaxe multimedia (MMS) pode
conter texto e obxectos como imaxes,
clips de son ou videoclips. Antes de
poder enviar ou recibir mensaxes
multimedia no seu dispositivo, cómpre
definir os axustes das mensaxes
multimedia. É posible que o dispositivo
recoñeza ao fornecedor da tarxeta SIM e
configure automaticamente os axustes
correctos de mensaxes multimedia. Se
non é así, póñase en contacto con seu
fornecedor de servizos para obter os
axustes correctos, solicitar os axustes ao
fornecedor de servizos nunha mensaxe
de configuración ou usar a aplicación do
asistente de axustes.