Lector de mensaxes
Co Lector de mensaxes pode escoitar
mensaxes de texto, multimedia, de son
e de correo electrónico.
Para escoitar mensaxes ou correo
novos, na pantalla de inicio manteña
premida a tecla de selección esquerda
ata que se abra o Lector de mensaxes.
Para escoitar unha mensaxe da súa
caixa de entrada, desprácese ata a
mensaxe e seleccione
Opcións
>
Escoitar
. Para escoitar unha mensaxe
de correo electrónico da súa caixa de
correo, desprácese ata a mensaxe e
seleccione
Opcións
>
Escoitar
. Para
finalizar a lectura, prema a tecla
Rematar.
Para facer unha pausa e continuar a
lectura, prema a tecla de
desprazamento. Para pasar á seguinte
mensaxe, desprácese á dereita. Para
volver reproducir a mensaxe ou o correo
electrónico actuais, desprácese á
esquerda. Para saltar á mensaxe
anterior, desprácese á esquerda no
principio da mensaxe.
Para ver a mensaxe ou o correo
electrónico actuais en formato de texto
sen o son, seleccione
Opcións
>
Ver
.