Configurar o correo electrónico
Co asistente de correo electrónico, pode
configurar a súa conta de correo
electrónico corporativa, por exemplo
Mail for Exchange e a súa conta de
correo electrónico na Internet.
Cando configura o seu correo
corporativo, é posible que lle pidan o
nome do servidor asociado co seu
enderezo de correo electrónico. Para
obter máis información, póñase en
contacto co departamento de TI da súa
empresa.
1 Para abrir o asistente, na pantalla
de inicio, seleccione
Configurar o
correo
.
2 Introduza o seu enderezo de correo
electrónico e o contrasinal. Se o
asistente non pode configurar
automaticamente os axustes de
correo, terá que seleccionar o tipo
de conta e introducir os axustes de
conta relacionados.
Se o seu dispositivo contén clientes de
correo adicionais, aparecerán cando
abra o asistente.