Nokia E5 00 - Mensaxería

background image

Mensaxería

Seleccione

Menú

>

Mensaxería

.

En Mensaxería (servizo de rede), pode

enviar e recibir mensaxes de texto,

mensaxes multimedia, mensaxes de

son e mensaxes de correo. Tamén pode

enviar comandos de servizos ou recibir

mensaxes de servizos web, mensaxes

de información de cela e mensaxes

especiais de datos.

Pode que antes de enviar ou recibir

mensaxes, teña que facer o seguinte:

Inserir unha tarxeta SIM válida no

dispositivo e estar situado dentro

dunha zona de cobertura.

Verificar que a rede admite as

funcións de mensaxería que desexa

empregar e que esas funcións están

activadas na tarxeta SIM.

Definir no dispositivo os axustes do

punto de acceso a internet.

Definir no dispositivo os axustes da

conta de correo.

Definir no dispositivo os axustes das

mensaxes de texto.

Definir no dispositivo os axustes das

mensaxes multimedia.

É posible que o dispositivo recoñeza ao

fornecedor da tarxeta SIM e configure

automaticamente algúns dos axustes

para as mensaxes. Se non, quizais

necesite definir os axustes

manualmente; tamén pode poñerse en

contacto co seu fornecedor de servizos

para configurar os axustes.