
Acerca dos métodos de
posicionamento
Mapas amosa a súa situación no mapa
mediante GPS, A-GPS ou
posicionamento baseado no ID de
móbil.
O sistema de posicionamento global
(GPS) é un sistema de navegación
baseado en satélite que se emprega
para calcular a súa situación. O GPS
asistido (A-GPS) é un servizo de rede que
Mapas 105
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

envía datos GPS ao seu dispositivo
mellorando deste xeito a velocidade e a
exactitude do cálculo de
posicionamento.
Cando utilice Mapas por primeira vez,
pediráselle que defina un punto de
acceso a Internet que se utilizará para
descargar información de mapas ou
usar o sistema A-GPS.
indica a dispoñibilidade
dos sinais de satélite. Cada barra
representa un satélite. Cando o
dispositivo está a buscar sinais de
satélite, a barra aparece en amarelo.
Cando hai datos dabondo para calcular
a súa posición, a barra vólvese verde.
Cantas máis barras verdes haxa, máis
fiable será o cálculo da posición.
O sistema de posicionamento global
(GPS) está operado polo goberno dos
Estados Unidos, que é o único
responsable da precisión e mantemento
do sistema. A precisión dos datos de
localización pode verse afectada polos
axustes nos satélites GPS efectuados
polo goberno dos Estados Unidos e está
suxeita a modificacións procedentes da
política de GPS civil do Ministerio de
defensa dos Estados Unidos e do Plan de
radionavegación federal (Federal
Radionavigation Plan). A precisión
tamén pode verse afectada pola
xeometría de baixo nivel do satélite. A
dispoñibilidade e calidade dos sinais
GPS poden verse afectadas pola súa
localización, os edificios e os obstáculos
naturais ademais de polas condicións
meteorolóxicas. É posible que os sinais
GPS non estean dispoñibles no interior
dos edificios ou en pasos subterráneos
e que a súa transmisión non sexa
posible a través de materiais como
formigón e metal.
O sistema GPS non se debe utilizar para
a medición dunha localización precisa e
vostede non debe depender só dos
datos de localización procedentes do
receptor GPS nin das redes de radio
móbil para determinar posicións nin
para a navegación.
A precisión do hodómetro é limitada,
polo que é posible que se produzan
erros de redondeo. A precisión tamén se
pode ver afectada pola dispoñibilidade
e calidade dos sinais GPS.
No posicionamento baseado no ID de
móbil, a posición determínase
mediante a antena de telefonía móbil á
106 Mapas
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

que está conectado o seu dispositivo
nese momento.
Segundo o método de posicionamento
dispoñible, a exactitude da posición
pode variar dende uns metros a varios
quilómetros.