Nokia E5 00 - Nokia Ovi Suite

background image

Nokia Ovi Suite

Nokia Ovi Suite é un conxunto de

aplicacións que pode instalar nun PC

compatible. Ovi Suite agrupa todas as

aplicacións dispoñibles nunha ventá do

lanzador dende a que pode abrir as

aplicacións. Ovi Suite pode estar

incluído nunha tarxeta de memoria se

esta se proporcionou co dispositivo.
Pode usar Ovi Suite para sincronizar

contactos, axendas, cousas por facer e

outras notas entre o seu dispositivo e

unha aplicación de PC compatible.

Tamén pode utilizar Ovi Suite para

transferir os favoritos entre o seu

dispositivo e navegadores compatibles

e transferir imaxes e videoclips entre o

dispositivo e un PC compatible.

20 Introdución

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

Preste atención aos axustes de

sincronización. O borrado de datos

como parte normal do proceso de

sincronización está determinado polos

axustes seleccionados.
Para usar Ovi Suite, necesita un PC co

sistema operativo Microsoft Windows

XP (SP2 ou posterior) ou Windows Vista

(SP1 ou anterior), e que sexa compatible

cun cable de datos USB ou con

conectividade Bluetooth.
Ovi Suite non é compatible con

ordenadores Apple Macintosh.
Para obter máis información acerca de

Ovi Suite, consulte a axuda incorporada

ou diríxase á páxina www.nokia.com/

support.
Instalación de Nokia Ovi Suite

1 Asegúrese de que a tarxeta de

memoria está inserida no

dispositivo Nokia E5-00.

2 Conecte o cable USB. O PC recoñece

o novo dispositivo e instala os

controladores necesarios. Esta

operación pode levar varios

minutos.

3 Seleccione

Almacenaxe masiva

como o modo de conexión USB no

seu dispositivo. O seu dispositivo

aparece no explorador de ficheiros

de Windows como un disco

extraíble.

4 Abra a raíz do controlador da

tarxeta de memoria co explorador

de ficheiros de Windows e

seleccione o ficheiro de instalación

de Ovi Suite.

5 Empeza a instalación. Siga as

instrucións.

Consello: Para actualizar Ovi Suite, ou

se ten problemas ao instalar Ovi Suite

desde a tarxeta de memoria, copie o

ficheiro de instalación no PC e realice a

instalación desde o PC.