Inserir a tarxeta de memoria
É posible que xa se atope inserida no
dispositivo unha tarxeta de memoria.
No caso contrario, faga o seguinte:
1 Retire a tapa posterior e a batería,
se está inserida.
2 Deslice o soporte da tarxeta para
desbloquealo e xíreo para abrilo.
3 Insira a tarxeta de memoria coa
zona de contacto cara abaixo.
4 Volva a pechar o soporte da tarxeta.
Deslice o soporte para bloquealo.
5 Volva colocar a batería e a súa tapa.
Utilice únicamente as tarxetas microSD
compatibles autorizadas por Nokia para
utilizar co dispositivo. Nokia utiliza
estándares da industria autorizados
para as tarxetas de memoria, pero pode
que algunhas marcas non sexan
totalmente compatibles con este
dispositivo. As tarxetas non
compatibles poden producir danos na
tarxeta e no dispositivo e danar os datos
almacenados na tarxeta.