Copiar o contido do dispositivo
antigo
Pode utilizar a aplicación Cambio para
copiar contido como números de
teléfono, enderezos, elementos da
axenda e imaxes do seu dispositivo
Nokia anterior ao seu novo dispositivo
mediante a conectividade Bluetooth.
Transferencia de contido por
primeira vez
1 Para recuperar datos dende o outro
dispositivo por primeira vez no seu
dispositivo, seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Cambio
.
2 Vincule os dous dispositivos. para
que a busca de dispositivo busque
dispositivos con conectividade
Bluetooth, seleccione
Continuar
.
Seleccione o dispositivo desde o
que desexa transferir o contido.
Pediráselle que introduza un código
no seu dispositivo. Introduza un
código (1-16 díxitos) e seleccione
Aceptar
. Introduza o mesmo
código no outro dispositivo e
seleccione
Aceptar
. Os dispositivos
están agora vinculados.
Se o seu dispositivo antigo de Nokia
non ten a aplicación Cambio , o novo
dispositivo envíaa nunha mensaxe.
Abra a mensaxe no dispositivo
antigo e siga as instrucións da
pantalla.
3 No teléfono, seleccione o contido
que desexe transferir desde o outro
dispositivo.
18 Introdución
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Unha vez iniciada a transferencia,
pode cancelala e continuar máis
tarde.
O contido transfírese desde a memoria
do outro dispositivo á posición
correspondente no teléfono. O tempo
da transferencia depende da cantidade
de datos que se teñan que transferir.
O tipo de contido que se pode transferir
depende do modelo do dispositivo
desde o que desexe transferir contido.
Se ese dispositivo admite a
sincronización, tamén será posible
sincronizar datos entre os dispositivos.
O teléfono notificaralle se o outro
dispositivo non é compatible.