Seguridade da conexión
Se o indicador de seguridade ( ) se
amosa durante unha conexión, significa
que a transmisión de datos entre o
dispositivo e a pasarela da Internet ou
o servidor está cifrada.
A icona de seguridade non indica se a
transmisión de datos entre a pasarela e
o servidor de contido (onde se
almacenan os datos) é segura. O
fornecedor de servizos protexe a
transmisión de datos entre a pasarela e
o servidor de contido.
86 Internet
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
É posible que sexa necesario dispoñer
de certificados de seguridade nalgúns
servizos, como os servizos de banca. Se
a identidade do servidor non é auténtica
ou se non dispón do certificado de
seguridade correcto no teléfono,
recibirá unha notificación. Para obter
máis información, póñase en contacto
co seu fornecedor de servizos.
Importante: Aínda que o uso de
certificados reduce considerablemente
os riscos relacionados coas conexións
remotas e as instalacións de software,
cómpre utilizalos correctamente para
beneficiarse do aumento da
seguridade. A existencia dun certificado
non ofrece protección por si mesmo. O
administrador do certificado debe
dispoñer de certificados correctos,
auténticos ou fiables para poder
aumentar a seguridade. Os certificados
teñen data de caducidade. Se se amosa
"Certificado caducado" ou "O certificado
non é válido", incluso no caso de que o
certificado debera ser válido, comprobe
que a hora e a data do dispositivo son
correctas.
Antes de modificar os axustes dos
certificados, cómpre asegurarse de que
o propietario do certificado é realmente
fiable e que pertence realmente ao
propietario facilitado.