Información de certificación (SAR)
Este dispositivo móbil cumpre coas directrices de
exposición ás ondas de radio.
O dispositivo móbil é un transmisor e receptor de radio.
Está deseñado para non superar os límites de exposición
ás ondas de radiofrecuencia recomendadas polas
directrices internacionais. O organismo científico
independente ICNIRP desenvolveu estas directrices, que
inclúen marxes de seguridade deseñadas para garantir a
protección de todas as persoas, independentemente da
idade e da saúde.
As directrices de exposición para os dispositivos móbiles
empregan unha unidade de medición coñecida como o
Índice de Absorción Específico ou SAR. O límite de SAR
exposto nas directrices de ICNIRP é de 2,0 watts/
quilogramo calculado en aproximadamente 10 gramos de
tecido. As probas para SAR lévanse a cabo utilizando
posicións de funcionamento estándar co dispositivo
transmitindo no seu nivel de enerxía máis alto en todas as
bandas de frecuencia probadas. O nivel de SAR real dun
dispositivo en funcionamento pode estar por debaixo do
valor máximo debido a que o dispositivo está deseñado
para empregar só a enerxía xusta para conectarse coa
rede. A cantidade cambia dependendo dun gran número
de factores, como a que distancia se atopa dunha estación
base de rede.
O valor de SAR máis alto admitido segundo as directrices
de ICNIRP para utilizar o dispositivo pegado á orella é de
0,99 Watt/kg.
O uso de accesorios do dispositivo pode provocar a
aparición de diferentes valores de SAR. Os valores de SAR
poden variar dependendo das necesidades de información
e probas nacionais e da banda de rede. Se desexa obter
información de SAR adicional, consulte a sección de
información do produto da páxina web www.nokia.com.
204 Información do produto e de seguridade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.