Nokia E5 00 - Entorno operativo

background image

Entorno operativo
Este dispositivo cumpre coas directrices de exposición a

radiofrecuencia cando se emprega na posición normal de

uso no oído ou cando se coloca polo menos a unha

distancia de 1,5 centímetros do corpo. Se se utiliza unha

funda de transporte, unha pinza para o cinto ou un soporte

para utilizar o produto pegado ao corpo, estes non

deberán conter ningunha peza de metal e deberá colocar

o dispositivo á distancia indicada anteriormente.

Para enviar ficheiros de datos ou mensaxes, cómpre

dispoñer dunha conexión de calidade á rede. É posible que

o envío de ficheiros de datos ou mensaxes se retrase ata

que se atope dispoñible a mencionada conexión. Respecte

as instrucións sobre a distancia de separación ata

completar a transmisión.

Existen partes do dispositivo que son magnéticas. É

posible que os materiais metálicos sexan atraídos polo

dispositivo. Non coloque tarxetas de crédito nin outros

soportes de almacenaxe magnéticos preto do dispositivo,

xa que é posible que se elimine a información almacenada

neles.