Dispositivos médicos
A utilización de equipos de transmisión por radio,
incluídos os teléfonos sen fíos, pode producir
interferencias no funcionamento de dispositivos médicos
incorrectamente protexidos. Póñase en contacto cun
médico ou co fabricante do dispositivo médico para
determinar se se atopa axeitadamente protexido da
enerxía de radiofrecuencia externa. Apague o dispositivo
cando así o esixan as normativas correspondentes, por
exemplo, en hospitais.