Chamadas de emerxencia
Importante: Este dispositivo funciona con sinais
de radio, redes sen fíos, redes terrestres e funcións
programadas polo usuario. Se o dispositivo admite
chamadas de voz a través da Internet (chamadas da
Información do produto e de seguridade 203
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Internet), active as chamadas da Internet e o teléfono
móbil. O dispositivo pode intentar efectuar as chamadas
de emerxencia a través das redes móbiles e do fornecedor
de chamadas da Internet se se atopan activados ámbolos
dous. Non se pode garantir que as conexións funcionen en
todas as condicións. Nunca dependa unicamente dun
dispositivo móbil para efectuar comunicacións
importantes, coma urxencias médicas.
Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o seguinte:
1
Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe
que a intensidade do sinal é a axeitada. En función
do dispositivo, é posible que tamén necesite realizar
o seguinte:
•
Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo utiliza
unha.
•
Elimine as restricións das chamadas que
estean activadas no dispositivo.
•
Cambie o perfil Desconectado ou Voo a un
perfil activo.
2
Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para
borrar a pantalla e preparar o dispositivo para
chamadas.
3
Insira o número de emerxencia da localidade na que
se atope. Os números de emerxencia poden variar
en cada localidade.
4
Prema a tecla Chamar.
Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite toda
a información necesaria do xeito máis preciso posible. É
posible que o seu dispositivo sen fíos sexa o único medio
de comunicación na escena dun accidente. Non finalice a
chamada ata que reciba permiso para facelo.