Glosario
Glosario
3G
Comunicacións móbiles de
terceira xeración. Un
sistema dixital para
comunicacións móbiles
destinado ao uso global e
ofrece maior ancho de
banda. 3G permite a un
usuario dun dispositivo
móbil acceder a moitos
servizos, como á
multimedia.
Modo de
funciona
mento
ad hoc
Un modo de rede WLAN
onde dous ou máis
dispositivos se conectan
entre eles coa WLAN
directamente sen un punto
de acceso WLAN.
Cookies As cookies son pequenas
pezas de información que o
servidor lle da a vostede
para almacenar a
información das súas visitas
a un sitio web. Se acepta as
cookies, o servidor poderá
Glosario 185
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
avaliar o seu uso do sitio
web, en qué se interesa
vostede, qué quere ler, etc.
DNS
Servizo nome do dominio.
Un servizo da Internet que
traduce nomes de dominio
como www.nokia.com en
direccións IP como
192.100.124.195. Os nomes
de dominios son máis
sinxelos de recordar, pero
esta tradución é necesaria
porque a Internet está
baseada en direccións IP.
Tons
DTMF
Tons duais de varias
frecuencias. O sistema DTMF
é o empregado polos
teléfonos de marcación por
tons. O DTMF asigna unha
frecuencia específica ou ton
a cada tecla, de xeito que
pode ser recoñecida de
forma sinxela por un
microprocesador. Os tons
DTMF permítenlle
comunicarse con caixas de
correo de voz, sistemas
telefónicos por ordenador,
etc.
EAP
Protocolo de autenticación
extensible. Os plug-ins EAP
empréganse en redes sen
fíos para autenticar
dispositivos sen fíos e
servidores de
autenticación.
EGPRS
GPRS mellorado. O EGPRS é
similar ao GPRS, pero
permite unha conexión
máis rápida. Para consultar
a dispoñibilidade e
velocidade de transferencia
de datos, póñase en
contacto co seu fornecedor
de servizos.
GPRS
Servizo de paquete de radio
xeral. GPRS permite aos
dispositivos móbiles o
acceso sen fíos a redes de
datos (servizo de rede).
GPRS usa tecnoloxía de
paquetes de datos, onde a
información circula en
pequenos refachos de datos
a través da rede móbil. O
beneficio de enviar datos en
paquetes é que a rede está
ocupada só ao enviar e
recibir datos. Dado que o
186 Glosario
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
GPRS usa a rede de forma
eficiente, o que permite
unha configuración de
conexión de datos rápida e
altas velocidades de
transmisión.
É preciso que se subscriba
ao servizo GPRS. Para
consultar a dispoñibilidade
e a subscrición ao GPRS,
contacte co seu fornecedor
de servizos.
Durante unha chamada de
voz vostede non pode
establecer unha conexión
GPRS, e retense calquera
conexión GPRS existente a
non ser que a rede soporte
o modo de transferencia
dual.
GPS
Sistema de posicionamento
global. O GPS é un sistema
de radionavegación
mundial.
HTTP
Protocolo de transferencia
de hipertexto. Un protocolo
de transferencia de
documentos usado na web.
HTTPS
HTTP nunha conexión
segura.
IMAP4
Protocolo de acceso ao
correo na Internet, versión
4. Un protocolo usado para
acceder á súa caixa do
correo remota.
Punto de
acceso
da
Internet
Un punto de acceso é onde
o seu dispositivo se conecta
á rede. Para usar o correo e
servizos multimedia ou
para se conectar á Internet
e examinar páxinas web,
deberá definir en primeiro
lugar os puntos de acceso á
Internet para estes servizos.
Modo de
funciona
mento
de
infraestr
utura
Un modo de rede WLAN
onde os dispositivos
conéctanse á WLAN cun
punto de acceso WLAN.
PIN
Número de identidade
persoal. O código PIN
protexe o seu dispositivo
dun uso non autorizado. O
código PIN fornécese coa
tarxeta SIM. Se a solicitude
de código PIN está activa,
Glosario 187
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
pídese o código cada vez
que se acende o dispositivo.
O código PIN debe ter de 4 a
8 díxitos de lonxitude.
PIN2
O código PIN2 fornécese con
algunhas tarxetas SIM. O
código PIN2 pídese para
acceder a certas funcións
admitidas pola tarxeta SIM.
A lonxitude do código PIN2
é de 4 a 8 díxitos.
POP3
Protocolo de correo, versión
3. Un protocolo de correo
frecuente que vostede pode
usar para acceder á súa
caixa de correo remota.
PUK e
PUK2
Código de desbloqueo
persoal. Os códigos PUK e
PUK2 requírense para
modificar un código PIN ou
PIN2 bloqueado,
respectivamente. A
lonxitude do código é de 8
díxitos.
SIP
Protocolo de iniciación de
sesión. O SIP úsase para
crear, modificar e finalizar
certos tipos de sesións de
comunicación cun ou máis
participantes.
SSID
Identificador de
configuración do servizo.
SSID é o nome que identifica
a WLAN específica.
Transmis
ión
A transmisión de ficheiros
de audio e vídeo consiste en
reproducir estes ficheiros
directamente na web, sen
descargalos previamente
no seu dispositivo.
UMTS
Sistema de
telecomunicacións móbil
universal. UMTS e un
sistema de comunicación
móbil 3G. Xunto con voz e
datos, UMTS permite a
entrega de son e vídeo en
dispositivos sen fíos.
Cando se utiliza o
dispositivo en redes GSM e
UMTS, pode haber varias
conexións de datos activas
ao mesmo tempo e os
puntos de acceso poden
compartir unha conexión de
datos. Na rede UMTS, as
conexións de datos seguen
188 Glosario
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
activas durante as
chamadas de voz. Por
exemplo, pode examinar a
web máis rápido que nunca
antes á vez que fala polo
teléfono.
UPIN
Código PIN usado na rede
UMTS.
UPUK
Código de desbloqueo UPIN.
O código UPUK requírese
para modificar un código
UPIN ou PIN2 bloqueado. A
lonxitude do código é de 8
díxitos.
USIM
Tarxeta PIN usada na rede
UMTS.
Comand
o USSD
Unha petición de servizo,
como a petición de activar
unha aplicación ou
configurar varios axustes de
xeito remoto, que pode
enviar ao seu operador ou
fornecedor de servizos co
seu dispositivo.
VPN
Rede privada virtual. VPN
crea unha conexión segura
á intranet e servizos
colectivos compatibles,
coma o correo.
WAP
Protocolo de aplicación sen
fíos. WAP é un estándar
internacional para a
comunicación sen fíos.
WEP
Mesma privacidade que a
transmisión por fíos. WEP é
un método de cifrado que
cifra os datos antes de
transmitilos na WLAN.
WLAN
Rede local sen fíos.
WPA
Acceso protexido a Wi-Fi.
Método de seguridade para
WLAN.
WPA2
Acceso protexido a Wi-Fi 2.
Método de seguridade para
WLAN.