Nokia E5 00 - Calculadora

background image

Calculadora

Seleccione

Menú

>

Oficina

>

Calculadora

.

A calculadora dispón de precisión

limitada e está deseñada para efectuar

cálculos simples.

Para realizar un cálculo, insira o

primeiro número deste. Seleccione

unha función como sumar ou restar do

mapa de funcións. Insira o segundo

número do cálculo e seleccione =. A

calculadora realiza as operacións na

orde na que se insiren. O resultado do

cálculo permanece no cadro do editor e

pódese utilizar como o primeiro

número dun novo cálculo.

O dispositivo garda na memoria o

resultado do último cálculo. Se sae da

Calculadora ou apaga o dispositivo non

borrará a memoria. Para recuperar o

último resultado gardado a próxima vez

que abra a Calculadora, seleccione

Opcións

>

Último resultado

.

Para gardar os números ou resultados

dun cálculo, seleccione

Opcións

>

Memoria

>

Gardar

.

Para recuperar da memoria os

resultados dun cálculo e utilizalos

noutro cálculo, seleccione

Opcións

>

Memoria

>

Recuperar

.

90 Ferramentas de oficina de Nokia

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.