Reciclado
Todos os materiais deste dispositivo
poden recuperarse como materiais e
enerxía. Para obter máis información
verbo de como reciclar os seus produtos
Nokia usados, consulte a páxina
www.nokia.com/werecycle, ou
utilizando un dispositivo móbil, a
www.nokia.mobi/werecycle.
Para reciclar os paquetes e guías de
usuario, siga o procedemento habitual
na súa zona.
Consellos ecolóxicos 199
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
O símbolo do contedor con rodas
riscado cun "x" no produto, na batería,
nas instrucións ou na embalaxe
lémbralle que todos os produtos
eléctricos e electrónicos, as baterías e os
acumuladores se deben refugar por
separado ao final da súa vida útil. Este
requisito aplícase na Unión Europea.
Non se desfaga deste produto do
mesmo xeito que dos residuos
domésticos normais. Para obter máis
información verbo dos atributos medio
ambientais do seu dispositivo, consulte
www.nokia.com/ecodeclaration.
Información do produto e de
seguridade
Accesorios
Aviso:
Utilice unicamente baterías, cargadores e accesorios
autorizados por Nokia para o seu uso con este modelo en
particular. A utilización doutros tipos pode invalidar a
autorización de uso e a garantía e resultar perigoso. En
particular, o uso de cargadores ou baterías non
homologados pode implicar un risco de incendio,
explosión, fuga ou outros perigos.
Para obter información sobre a dispoñibilidade de
accesorios autorizados, póñase en contacto co seu
distribuidor. Para desconectar o cable de alimentación de
calquera accesorio, tire da caravilla, non do cable.
Batería
Información sobre a batería e o cargador
O dispositivo funciona cunha batería recargable. A batería
deseñada para utilizarse co dispositivo é a BL-4D. Nokia
pode fabricar modelos de batería adicionais para este
dispositivo. O dispositivo está deseñado para utilizarse cos
seguintes cargadores: AC-8. O número exacto do modelo
do cargador pode variar dependendo do tipo de enchufe.
O tipo de enchufe pode ser un dos seguintes: E, EB, X, AR,
U, A, C, K, ou UB.
A batería pode cargarse e descargarse centos de veces,
pero finalmente, desgástase. Cando a duración da batería
no modo de espera e durante as conversas telefónicas se
reduza considerablemente, substitúaa. Utilice
unicamente baterías autorizadas por Nokia e recárgueas
unicamente con cargadores autorizados por Nokia
deseñados para utilizarse con este dispositivo.
Se utiliza unha batería por primeira vez ou se esta non se
utiliza dende hai moito tempo, é posible que sexa
necesario conectar o cargador, desconectalo e volvelo
conectar para comezar a cargar a batería. Se a batería está
completamente descargada, é posible que teña que
esperar varios minutos para poder efectuar chamadas e
para poder visualizar o indicador de carga na pantalla.
Extracción segura. Apague sempre o dispositivo e
desconecte o cargador antes de extraer a batería.
Carga axeitada. Desconecte o cargador da toma de
corrente e do dispositivo cando non o utilice. Non deixe
unha batería completamente cargada conectada a un
cargador, xa que o exceso de carga pode reducir a súa vida
útil. Se non se utilizan, as baterías cargadas perden a súa
carga co paso do tempo.
Evite someter o dispositivo a temperaturas extremas.
Intente manter sempre a batería a unha temperatura
comprendida entre os 15ºC e os 25ºC. A exposición da