Nokia E5 00 - Verbo da rede doméstica

background image

Verbo da rede doméstica

Mediante a rede doméstica, é posible

compartir e sincronizar ficheiros

multimedia do seu dispositivo móbil

con outros dispositivos, como un

ordenador, un sistema de son ou un

televisor. Tamén pode ver e reproducir

ficheiros multimedia dende outros

dispositivos da rede doméstica no seu

dispositivo ou noutros dispositivos

compatibles. Por exemplo, pode

reproducir música gardada no seu

dispositivo utilizando un sistema

estéreo doméstico certificado por

Digital Living Network Alliance (DLNA),

controlando as listas de reprodución e

os niveis de volume directamente

dende o seu dispositivo.
O seu dispositivo é compatible con

Universal Plug and Play (UPnP) e está

certificado por Digital Living Network

Alliance. Pode crear unha rede

doméstica cun dispositivo ou

encamiñador de punto de acceso LAN

sen fíos (WLAN). É posible conectar

dispositivos UPnP compatibles

certificados por DLNA e compatibles con

redes WLAN á rede.
Exemplos de dispositivos

compatibles

Dispositivo móbil

Ordenador compatible

Televisor

Sistema de son

Receptor multimedia sen fíos

compatible conectado a un sistema

de son

Conectividade 81

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

Tamén pode gardar os seus ficheiros

multimedia nun servidor multimedia ou

recuperar ficheiros multimedia dun

servidor doméstico compatible.
Para utilizar a función WLAN do seu

dispositivo nunha rede doméstica,

cómpre dispoñer dunha conexión

doméstica WLAN que funcione.
A rede doméstica utiliza os axustes de

seguridade da conexión WLAN. Utilice a

función de rede doméstica nunha rede

de infraestrutura WLAN cun dispositivo

de punto de acceso WLAN e compatible

co cifrado.