
Conexións WLAN
Para utilizar unha conexión LAN sen fíos
(WLAN), cómpre crear un punto de
acceso á Internet (IAP) para a WLAN.
Utilice o punto de acceso para as
aplicacións que necesitan conectarse á
Internet.
Conectividade 71
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

As conexións WLAN establécense cando
crea unha conexión de datos mediante
un punto de acceso á Internet WLAN. A
conexión WLAN activa finaliza cando
finaliza a conexión de datos.
É posible utilizar a WLAN durante as
chamadas de voz ou cando o paquete de
datos está activo. Só pode estar
conectado a un dispositivo de punto de
acceso WLAN ao mesmo tempo, pero
varias aplicacións poden utilizar o
mesmo punto de acceso á Internet.
Se o dispositivo está no perfil
Desconectado, aínda pode utilizar a
WLAN (se está dispoñible). Recorde
cumprir con todos os requisitos de
seguridade aplicables cando estableza e
utilice unha conexión WLAN.
Consello: Para consultar o enderezo
MAC único que identifica o seu
dispositivo, insira *#62209526# na
pantalla de inicio.