Acerca de WLAN
Para utilizar unha conexión de rede de
área local sen fíos (WLAN), debe haber
unha dispoñible no lugar no que se
encontra e o dispositivo debe estar
conectado a ela. Algunhas redes WLAN
están protexidas e necesita unha clave
de acceso do fornecedor de servizos
para conectarse.
Nota: É posible que a utilización
de redes WLAN estea restrinxida
nalgúns países. Por exemplo, en Francia
só está permitido utilizar redes WLAN en
lugares interiores. Para obter máis
información, contacte coas súas
autoridades locais.
As funcións que usan WLAN, ou se estas
funcións funcionan nun segundo plano
mentres se usan outras, aumentan a
demanda de enerxía da batería e
reducen a súa vida útil.
Utilice o cifrado para aumentar a
seguridade da súa conexión WLAN.
Utilizar o cifrado reduce o risco de que
os demais accedan aos seus datos.