Modo de SIM remota
Para poder activar o modo de SIM
remota, cómpre que os dous
dispositivos estean vinculados e que a
vinculación se inicie dende o outro
dispositivo. Na vinculación, utilice un
código de 16 díxitos e axuste o outro
dispositivo como autorizado.
Para utilizar o modo de SIM remota cun
kit de automóbil compatible, active a
conectividade Bluetooth e permita a
utilización do modo de SIM remota co
seu dispositivo.
Active o modo de SIM remota dende o
outro dispositivo.
Cando o modo de SIM remota está
activado no seu dispositivo, amósase
Modo SIM remota
no modo en espera.
A conexión coa rede sen fíos
desactívase, tal e como se amosa
mediante na zona do indicador de
potencia do sinal, e non se poden
utilizar os servizos da tarxeta SIM nin as
funcións que requiren cobertura de rede
móbil.
Se o dispositivo sen fíos está en modo
de SIM remota, só poderá utilizar un
Conectividade 79
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
accesorio conectado compatible, como
un kit de automóbil, para efectuar ou
recibir chamadas. O dispositivo sen fíos
non efectuará ningunha chamada,
excepto ós números de emerxencia
programados no dispositivo, cando se
atope en modo de SIM remota. Para
efectuar chamadas dende o dispositivo,
primeiro cómpre abandonar o modo de
SIM remota. Se o dispositivo está
bloqueado, insira o código de bloqueo
para desbloquealo.
Para abandonar o modo de SIM remota,
prema a tecla de acendido e seleccione
Saír modo SIM remoto
.