Nokia E5 00 - Acerca da conectividade Bluetooth

background image

Acerca da conectividade Bluetooth

Grazas á conectividade Bluetooth pode

establecer unha conexión sen fíos a

outros dispositivos compatibles, como

teléfonos móbiles, ordenadores,

auriculares ou kits de vehículos.
Pode utilizar a conexión para enviar

imaxes, videoclips, música e clips de

son, e notas, transferir ficheiros desde o

seu ordenador compatible e imprimir

imaxes cunha impresora compatible.
Debido a que os dispositivos con

tecnoloxía sen fíos Bluetooth se

comunican mediante ondas de radio,

non se teñen que atopar nunha liña

visual directa. Non obstante, cómpre

que se atopen como máximo a 10

metros o un do outro, aínda que a

conexión pode sufrir interferencias

debido a obstáculos como paredes ou a

outros dispositivos electrónicos.
O dispositivo é compatible coa

especificación Bluetooth 2.0 + EDR que

admite os seguintes perfís: Advanced

Audio Distribution, Audio Video Remote

Control, Basic Imaging, Basic Printing,

Dial-up Networking, File Transfer,

Generic Access, Hands-free, Headset,

Human Interface Device, Object Push,

Phone Book Access, SIM Access, Serial

Port, Service Discovery Application,

Generic Object Exchange . Para asegurar

a interoperabilidade con outros

dispositivos que dispoñan de tecnoloxía

Bluetooth, utilice accesorios Nokia

homologados para este modelo. Póñase

en contacto cos fabricantes dos outros

dispositivos para obter información

sobre a compatibilidade con este

dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía

Bluetooth aumentan o consumo de

enerxía e reducen a duración da batería.

Conectividade 75

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

Cando o dispositivo se atopa bloqueado,

só se poden establecer conexións con

dispositivos autorizados.