Códigos de acceso
Se esquece algún dos códigos de acceso,
póñase en contacto co seu fornecedor
de servizos.
Código PIN (número de identificación
persoal) — Este código protexe a súa
tarxeta SIM de usos non autorizados. O
código PIN (de 4 a 8 díxitos) fornécese
normalmente xunto coa tarxeta SIM. Se
insire o código PIN de xeito incorrecto
tres veces consecutivas, o código
bloquearase e necesitará o código PUK
para desbloquealo.
Código UPIN — Este código pódese
fornecer xunto coa tarxeta USIM. A
tarxeta USIM é unha versión mellorada
da tarxeta SIM e admítena os teléfonos
móbiles 3G.
Código PIN2 — Este código (de 4 a 8
díxitos) fornécese xunto con algunhas
tarxetas SIM e requírese para acceder a
algunhas funcións do dispositivo.
Código de bloqueo (tamén chamado
"código de seguridade") — O código de
bloqueo axúdalle a protexer o
dispositivo contra o uso non autorizado.
O código predeterminado é 12345. Pode
crear e cambiar o código e axustar o
dispositivo para solicitar o código.
22 Códigos de acceso
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Garde o código novo nun lugar secreto
e seguro lonxe do dispositivo. Se
esquece o código e o dispositivo se
bloquea, requirirase asistencia técnica.
É posible que se apliquen tarifas
adicionais e que se eliminen todos os
datos persoais do dispositivo. Para
obter máis información, póñase en
contacto cun punto Nokia Care ou co
distribuidor do dispositivo.
Código PUK (clave de desbloqueo
persoal) e PUK2 — Estes códigos (8
díxitos) requírense para modificar un
código PIN ou PIN2 bloqueado,
respectivamente. Se os códigos non se
fornecen coa tarxeta SIM, póñase en
contacto co fornecedor de servizos de
rede ao que pertence a tarxeta SIM
inserida no teléfono.
Código UPUK — Este código (8 díxitos)
requírese para modificar un código
UPIN bloqueado. Se o código non se
fornece coa tarxeta USIM, póñase en
contacto co fornecedor de servizos de
rede ao que pertence a tarxeta USIM
inserida no teléfono.
Número de Identidade Internacional de
Equipo Móbil (IMEI, International Mobile
Equipment Identity) — Este número (15
ou 17 díxitos) utilízase para identificar
dispositivos válidos na rede GSM. É
posible bloquear o acceso á rede dos
dispositivos roubados. O número IMEI
do seu dispositivo pode atoparse
debaixo da batería.