Nokia E5 00 - Axustes de tons

background image

Axustes de tons

Seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Axustes

.

Seleccione

Xeral

>

Personalización

>

Tons

e escolla entre as seguintes:

Ton de chamada — Seleccione un ton

de chamada na lista ou seleccione

Descargar sons

para abrir un cartafol

de favoritos que conteña unha lista de

favoritos para descargar tons usando o

navegador.

Ton de videochamada — Seleccione

un ton de chamada para as chamadas

de vídeo.

Dicir nome do chamante — Se

selecciona este axuste e recibe unha

chamada dun dos seus contactos, o

dispositivo emitirá un ton de chamada

no que se combinan o nome

pronunciado do contacto e o ton de

chamada seleccionado.

Tipo de ton — Seleccione como quere

que o avise o ton de chamada.

Volume do ton — Seleccione o nivel de

volume para o ton de chamada.

Ton de aviso de mensaxe

— Seleccione un ton para mensaxes de

texto recibidas.

Ton de aviso de correo — Seleccione

un ton para as mensaxes de correo

electrónico recibidas.

Ton alarma de axenda — Seleccione

un ton para os avisos da axenda.

Ton alarma reloxo — Seleccione un

ton para os avisos do reloxo.

Aviso por vibración — Axustar o

dispositivo para que vibre ao recibir

unha chamada ou unha mensaxe.

Tons do teclado — Fixe o nivel de

volume para os tons do teclado.

Tons de advertencia — Activar os tons

de advertencia.

Modo audiófono bobina T — Activar

o modo audiófono bobina T.