Nokia E5 00 - Puntos de acceso á Internet WLAN

background image

Puntos de acceso á Internet WLAN

Seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Axustes

e

Conexión

>

Destinos

>

Punto de acceso

, e siga as instrucións

que se amosan na pantalla. Tamén pode

abrir un dos grupos de puntos de

acceso, seleccionar un punto de acceso

marcado con e seleccionar

Opcións

>

Editar

.

Utilice as instrucións proporcionadas

polo fornecedor de servizos para editar

os puntos seguintes:
Nome da conexión — Permite definir

un nome para a conexión.

Portador de datos — É posible que

non poida editar o portador de datos

unha vez definido. Defina un punto de

acceso novo se é necesario.

Nome de rede WLAN — Seleccione

Intro. manualmente

ou

Buscar

redes

. Se selecciona unha rede

existente,

Modo de rede WLAN

e

Modo

seguridade WLAN

veñen

determinados polos axustes da unidade

de punto de acceso.

Estado de rede — Defina se desexa que

se amose o nome da rede.

Modo de rede WLAN — Seleccione

Ad-

hoc

para crear unha rede ad hoc e

permitir que os dispositivos envíen e

reciban datos directamente. Non

require unha unidade de punto de

acceso WLAN. Nunha rede ad hoc todos

os dispositivos deben utilizar o mesmo

nome da rede WLAN.

Modo seguridade WLAN — Seleccione

o cifrado que se debe utilizar:

WEP

,

802.1x

ou

WPA/WPA2

. (802.1x e WPA/

WPA2 non están dispoñibles para redes

ad hoc.) Se selecciona

Rede aberta

, non

se utiliza cifrado. As funcións WEP,

802.1x e WPA pódense utilizar só se a

rede as admite.

Usar punto de acceso — Seleccione

Tras confirmación

para que o

dispositivo pida confirmación antes de

conectar utilizando este punto de

acceso ou

Automaticamente

para que

o dispositivo conecte automaticamente

co destino utilizando este punto de

acceso.

174 Axustes

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

Seleccione

Axustes seguridade WLAN

para introducir os axustes do modo de

seguridade seleccionado.

Axustes WLAN avanzados

Seleccione

Opcións

>

Axustes

avanzados

e unha das seguintes

opcións:

Axustes de IPv4 — Introducir o

enderezo IP do dispositivo, o enderezo

IP da subrede, a pasarela

predeterminada e os enderezos IP dos

servidores DNS primario e secundario.

Póñase en contacto co fornecedor de

servizos para obter estes enderezos.

Axustes de IPv6 — Defina o tipo de

enderezo DNS.

Canle Ad-hoc (só para redes ad hoc)

— Para inserir un número de canle

(1-11) manualmente, seleccione

Definido polo usuario

.

Enderezo servidor proxy — Insira o

enderezo do servidor proxy.

Nº de porto proxy — Introduza o

número de porto do proxy.