Crear un punto de acceso novo
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Conexión
>
Destinos
.
É posible recibir os axustes do punto de
acceso nunha mensaxe dun fornecedor
de servizos. Algúns ou tódolos puntos
de acceso poden preestablecerse para o
dispositivo polo seu fornecedor de
servizos e pode que non sexa posible
170 Axustes
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
cambialos, crealos, editalos ou
eliminalos.
Cando selecciona un dos grupos de
puntos de acceso ( , , , , ),
pode ver os tipos de puntos de acceso:
indica un punto de acceso
protexido
indica un punto de acceso de
paquete de datos
indica un punto de acceso LAN
sen fíos (WLAN)
Consello: Pode crear puntos de acceso
á Internet nunha WLAN co asistente de
WLAN.
Para crear unha punto de acceso novo,
seleccione
Punto de acceso
.
O dispositivo solicita a comprobación
das conexións dispoñibles. Despois da
busca as conexións que xa están
dispoñibles amósanse e poden ser
compartidas por un punto de acceso
novo.
Se ignora este paso, solicitaráselle que
seleccione un método de conexión e
que defina os axustes necesarios.
Para editar os axustes dun punto de
acceso, seleccione un dos grupos de
puntos de acceso, desprácese ata un
punto de acceso e seleccione
Opcións
>
Editar
. Utilice as instrucións
proporcionadas polo fornecedor de
servizos para editar os puntos
seguintes:
Nome da conexión — Permite inserir
un nome para a conexión.
Portador de datos — Seleccione o tipo
de conexión de datos.
Dependendo da conexión de datos que
seleccione, só estarán dispoñibles
determinados campos de axustes.
Encha todos os campos marcados con
Cómpre definir
ou cun símbolo *
vermello. É posible deixar en branco
outros campos, excepto se o fornecedor
de servizos indica o contrario.
Para utilizar unha conexión de datos,
cómpre que o fornecedor de servizos
admita esta función e, se é necesario, a
active para a súa tarxeta SIM.