
Axustes de seguridade WEP
Seleccione
WEP
como o modo de
seguridade WLAN.
O método de cifrado de privacidade
equivalente por cables (WEP) cifra os
datos antes de transmitilos. O acceso á
rede denégase a usuarios que non teñen
as claves WEP requiridas. Cando o modo
de seguridade WEP está en uso e o seu
dispositivo recibe un paquete de datos
non cifrado coas claves WEP, os datos
descártanse.
Axustes 177
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Nunha rede ad hoc cómpre que todos os
dispositivos utilicen a mesma clave
WEP.
Seleccione
Axustes seguridade WLAN
e escolla entre as seguintes:
Clave WEP en uso — Seleccione a clave
WEP desexada.
Tipo de autentificación — Seleccione
Abrir
ou
Compartido
.